No noso centro existen moitos exemplos de profesores que empregan de xeito cotián blogues de aula creados por eles mesmos. Existen múltiples plataformas que posibilitan crear facilmente un blog adaptado as necesidades de cada un, xa que permiten moitas posibilidades de configuración.
Esta ferramenta proporciona un vehículo que facilita un xeito de interacción entre alumnado e profesorado que transcende do espazo da aula e do período lectivo, propiciando un espazo de publicación, debate e divulgación do traballo de aula.
Favorece a consecución da competencia educativa e, por suposto, da competencia dixital. Ao mesmo tempo, permite a inclusión de elementos multimedia, como vídeo ou presentacións, imaxes ou vínculos con outros espazos web, o que facilita enormemente o tratamento de todo tipo de contidos curriculares.